_Sábado á noite_
_Marica pilla á roca._
--Ña muller, pilla esa roca
E déixate d’ ir á misa,
Pensa que non tés camisa
E fía unha mazaroca.
--Luns d’ as almas, meu homiño,
Déixame gardal’ ó día
Sen fiare, ¿qué diría
N’ outro mundo meu paiciño?
Pois... martes de San Antonio
Tampouco hey de traballere,
Prá qu’ ó santo me librare
D’ as tentazós do demonio.
Miércoles... ¡Non digo eu!
O home de Nosa Señora
San Xusé... de fiar ôra
Non me quisera no ceu.
¡E xueves!... N’ hay que falar
¡Santísimo Sacramento!
Con todo comedimento
O día ch’ hey de gardar.
¡Y ó viernes! ¿Recordazón
D’ agonía de Xesús?
Pasareino ô pe da crus,
Maxinando na pasión.
E ti benaventurado
Sábado da Virxen santa,
Quen tua festa crebanta
Debe estar excomungado.
Mais, dend’ as doce hastra á unha
Antre ó sábado e ó domingo
Tráeme acá esa roca, Mingo,
Qu’ esa n’ é falta ningunha.
¡Se viras cómo ó resío
M’ entra por antr’ os farrapos!
Acóchame co eses trapos,
Qu’ estou tembrando de frío.
--Non vexo trapos nin toldo
Con que te poida tapare,
Arrímate ô pe do lare
Ou métete antre ó rescoldo.
--Seica teño calentura...
¡Bruu!, seica vou morrere.
--Non t’ afrixas, ña mullere,
Que che irey catal’ o cura.
--Máis quisera un cubirtore;
Sinto callofríos... tantos...
--Pois que te cochen os santos,
Que n’ hay cuberta millore.
Folgaches noites e días
Só por ilos á bicare,
E debent’ ora cochare
Nas tuas postrimeirías.
Deste modo _Xan sin Terra_
Co á sua muller falaba,
Cando veu que se quedaba,
¡Malpocado!, feita terra,
E cuns coderos tapándolle
O triste coiro desnudo,
Díxolle entonces (eu dudo
Si chorando, si cantándolle):
_Ey ti miña gardadora_
_D’ os días santos e das festas,_
_Cómo che relosen ora_
_As carnes por antre as xestas._