Unha nena abouraba ó seu cortexo,
C'o ardente anhelo d'o primeiro amor:
Na ansiedá d'os seus prácidos ensonos
Falando á solas, con amante voz
Decía: «¡Quen me dera pr'adouralo,
Ter moitos..., pêro moitos curazós!»
Amou constante e foi correspondida;
Ela siguiu amando, il, olvidou:
Cando sola se viu, cando perdera
A fé sagrada d'o primeiro amor,
Escramaba entre vágoas e sospiros;
«¡Quen poidera vivir sem curazon!»
VALENTIN L. CARVAJAL, _Espiñas, follas e frores_, p. 14.