Á CARTA D' A GUERRA

Unha probiña xente d'unha aldea,

Sempre agardando carta d'un rapaz

Que camiñou para a guerra, vindo as noites,

Xa non fay outra cousa que chorar.

Os coitadiños pensan que chorando

Danll'a xoya que garda ó seu amor

Ises consolos tenros que non teñem

Os que levan ferido o curazon.

Chega por fin ó cobizado dia,

Ven o carteiro, dálles o papel,

E sin perda de tempo, todos xuntos

As sospiradas letras van leer:

«Meus quiridiños pais: fólgome moito

Si vostedes s'atopan oxe bos

Cal desexo para min, (comenza asina,

Di asina ó primeiro ringuilon.)

Saberán que n'a guerra d'as Provincias

Non hay mais que roinas e door

E mortos, xa se ve unhos e outros.

Vão sementando a morte c'os cañós.

(Chegando eiquí, á nai toda afrixida

A leutura d'a carta fay parar;

Dinlle que cale..., ¡Pero quen afoga

Os tristes sentimentos d'unha nay!)

Siguen leendo: «Cando camiñamos

Xa de dia ou de noute, sempre vou

C'o pensamento n'isa pobre aldea

Ond'a miña frorida edá pasou;

Os soutos que no vrao lle prestan sombra,

Seus regatos e montes vexo eiquí,

Os ecos d'as campás d'aquela Igresia,

Tránm'os ventos da terra onde nacin.

Meus queridiños pais... ¡con que lenguaxe

Os recordos me veñen á falar

D'unhas cousas que falan d'outras cousas

Que non podo nin sei adiviñar!

.......................................

Meus quiridiños pais, si é que m'esquece

D'escribirlle á Sabela de Pitin,

Díganlle que me queira é non me deixe,

Díganlle que me queira é non me deixe,

Que viva e teña amor soilo pra min.

¡Ay! aldeiña... ¡Cantas veces poño

En ti o pensamento e curazon...,

Eydos, montes e soutos de Caldelas,

Lonxe de vos, eu morro de door!

Adios, quiridos pais, que teño presa;

Si poidera subir á xeneral,

Cantas cousas lies dera o seu filliño

C'oxe, coitado d'il, non pode dar.

Adios, quiridos páis, hast'outro dia,

A cantos lle pergunten que é de min,

Diganlle qu'estou bó, denlle recordos,

Canto queiran vostés ¡Adios!--_Xoaquin_.»

(Unha carta d'a guerra, ó un tesouro

Pr'a coitada xentiña d'o rapaz,

Carta que dempois leen os veciños,

O maestro y-o crego d'o lugar.)

VALENTIN L. CARVAJAL, _Espinas, follas

e frores_, p. 30.

* * * * *

¡QUEN POIDERA CHORAR!

Eu, chorei sendo neno, moitas veces;

Pranto de pelras aquil pranto foi:

Tiña forza n'os ollos, mais non tiña

forza n'o curazon.

Chorei dempois cando xa feito home

Loitaba c'os delirios d'a pasion,

Y-os meus ollos souperon o que eran

As vágoas de door.

Logo mais tarde, cando as penas fondas

Deixáronme sin grorias nin pracer,

Eu cobizei chorar, pero non tiven

Mais que vágoas de fél.

As mortas illusiós, os desenganos

Consumiron a yalma c'o pesar;

Pidínll'os ollos vágoas ¡ay coitado,

Xa non puden chorar!

Pranto dichoso, fonte de consolo,

Xa pr'a min as tuas augas non virán:

Cando c'os anos pérdense as legrias,

¡Quén poidera chorar!

VALENTIN L. CARVAJAL, _Espinas, follas

e frores_, p. 37.

* * * * *

Parnaso portuguez moderno · 第 190 / 267 题