Así as chousas correu unha por unha
Y ó varal inteiriño inda se vía;
Con triste _sí_ non respondeu ningunha
De cantas en redondo requería.
Rindos’ en tanto á falsa de fertunha
Con sonsa voz de bulra repetía:
--¿Déronlle aquí morcillas á Vidal?
--¡¡¡Aquí non!!!--_¡Pois adiante c’ ó varal!_