[3] A máis grande dificultade qu’ achey prá escribir esta
_alborada_, foy ó meu deseyo de que sahise nun todo arregrada á
música. Conseguín esto, pró foy á custa da poesía; non podía ser
d’ outro modo, cando se da c’ un aire tan extraño e tan dificile
de acomodarlle letra algunha.
I
Baite noi-
te--Bay funxin-
do--Vent’ auro-
ra--Vent’ abrin-
do--C’ ó teu ros-
tro--Que sorrin-
do--¡¡¡Á sombr’ espanta!!!
—
¡Canta!...
Paxariño can-
ta--De ponliñ’ en pón-
la--Qu’ ó sol se levan-
ta--Pó-lo monte ver-
de--Pó-lo verde mon-
te--Alegrand’ as her-
bas--¡Alegrand’ as fon-
tes!...
—
¡Canta, paxariño alegre,
Canta!
¡Canta por qu’ ó millo medre,
Canta!
¡Canta por qu’ á luz t’ escoite,
Canta!
Canta que fuxeu á noite.
—
Noite escura
Logo ven,
E moito dura
C’ ó seu manto
De tristura,
Con meigallos
E temores,
Agoreira
De dolores,
Agarimo
De pesares,
Cubridora
En todo mal,
¡Sal!...
—
Qu’ auroriña
O ceu colora
C’ uns arbores
Que namora,
C’ un sembrante
D’ ouro e prata
Teñidiño
D’ escalrata.
C’ uns vestidos
De diamante
Que lle borda
O sol amante
Antr’ as ondas
De cristal.
—
¡Sal!...
Señora en todo mal,
Qu’ ó sol
Xa brila
Nas cunchiñas do areal
Qu’ á luz
Do día
Vist’ á terra d’ alegría,
Qu’ ó sol
Derrete con amor á escarcha fría.