II

--¡Válgate Dios,

Qu’ inda os figos son duros!

¡Mais qué fartiña

En estando maduros!

—

Él e máis eu

Y á comadre d’ abaixo,

Hemos de ter

Qu’ alargar ó refaixo.

—

Rica figueira,

Que Dios te bendiga,

Qu’ ásme, abofé,

De fartar á barriga.

—

--¡Jey!, ó d’ os ovos

Que vás de camiño,

¿Cántas duciñas

Topache no niño?

—

--¡Unha no máis!

--¡No me teño c’ á risa!

Es’ ech’ un conto

Que vay par’ á misa.

—

Dam’ acá seis,

Qu’ un fricol che faría,

Qu’ ô mesmo rey

Qu’ envidiar lle daría.

—

Xa que non qués

No camiño che colla

Vento de vira,

C’ un saco de molla.

Cantares gallegos · 第 98 / 116 题