I
Aló no currunchiño máis hermoso
Qu’ á luz do sol na terr’ alomeara,
Veiga frorida e prado deleitoso
Qu’ á os campiños do Edén s’ acomparara;
Aló ond’ ó Sar soberbo e caudaloso
Parece que se dorme e que se para
(Tan maino corr’ antre á robreda escura),
Alí naceu Vidal ó sin ventura.[1]
[1] Eu ben sei qu’ en rigor estas octavas non son en maneira
algunha á glosa d’ un _cantar_, e que mellor e con máis
propiedade podía chamarse _conto_; pero como pó-lo d’ ahora
non penso facer en gallego nengún libro de contos póñoo aquí,
unha vez que nestes cantares tratei de pintar as costumes d’ os
nosos probes aldeáns, e sirven estas octavas prá dar á conocer
unha d’ as máis antiguas e máis usadas. Sempre me conmoveu o
relato de este conto sencillo, patriarcal, e por eso decidinme
á versificalo, contando c’ á benevolencia d’ os lectores. ¡Son
tantos os desdichados á quen nas nosas aldeas non se ofrece á
_proba do porco_, e que soñan có día en que, como Vidal, poidan
decir á os seus avaros veciños: _Adiante c’ ó varal!..._