O cantar bergantiñan,
O cantar de Bergantiños
En Iallas é malhian.
Manoeliño do vento,
Quen me dera a min saber
Donde tel-o pensamento!
Tamen o gardar é bo!
Sombreiro que o navio leva
Era do pai do abó.
Jacobiño de Fontan
Quen che cobízal a morte
Veñall' a sua, mañán.
Tomasiña do Gamallo,
Se non me caso contigo
Nunca me verás casado.
Adios meu diamante,
Joguei contigo e perdin.
* * * * *
O galo canta co o dia
Erguete meu ben e vaite;
¿Como me hei d'ir miña vida,
Como me hei d'ir e deixarte?
_Galicia_, III, 98.
* * * * *
Nós d'acá, e vós d'alá
Somos tantos como vos;
Nos comemos ó carneiro,
Os cornos son para vós.
* * * * *
Señora Santa Lucia
A do rio do Piñeiro,
Tende conta co'a ermita
Que non a leve o regueiro.
Miña nai doume unha tunda
Co aro d'unha peneira,
Miña nai tende vergonza
Da gente que ven da feira.
* * * * *
En ben vin estar ó crego
Tendendo nos cuiriños;
Dixeu entre Dios e min:
Este crego ten miniños.
* * * * *
Se queres que vaya é veña,
De noite pol o lugar,
Manda cerrar a cadela
Que non fai sinon ladrar.
* * * * *
O crego cando namora
Logo promete almendriñas;
Namorai, namorai cregos,
Que vos nasan as nacidas.
* * * * *
Hei de vír e hei de ir
Fala no cha hei de dar;
Heite de facer moer,
Como os barqueiros no mar.
Eu arrolei a miniña
Eu arrolei o amor,
Eu arrolei a rapoza
Outro levoulle o mellor.
* * * * *
Antoniño, Antoniño,
Antoniño, meu amor,
Antoniño queridiño,
¿Quén che levou o color?
* * * * *
Antoniño, gaxo de uvas,
Vámoste depenicar,
Eres amigo das mozas
Tua nai vaite matar.
* * * * *
A miña muller é bella
De bella non hade andar;
Heina de por de cancela
No portelo do lugar.
* * * * *
O zapato quel a media,
A media quel o zapato,
Tamen á guapa meniña
Quer un rapaciño guapo.
Asnos de vir á ver,
Asnos de vir á buscar,
Cantararnos, tocararnos
Sacararnos á bailar.
* * * * *
Manuel, Manueliño,
Manuel feito de cera,
¿Quen me dera ser o lume
Que á Manuel derretera.
* * * * *
As mulleres que son boas
Dios lle dé boa fortuna;
Sarna con dolor de moas,
Ortigas pol a cintura.
* * * * *
Heicho de dar quiridiña
Heicho de dar que o teño,
Heicho de dar queridiña,
O anillo do meu dedo.
* * * * *
Mariquiña da forneira
Onte tua nai coceu,
Dame un bocado de bola
Pol a nai que te pareu.
Mariquiña da forneira
Se coceres faíme un bolo,
Se mo fai, faimo de trigo,
Que centeo non cho como.
* * * * *
Arriba pandero roto,
Arriba manta mollada,
Que donde estámol os homes
As nenas non valen nada.
* * * * *
Meniña, dille á teu pai
Que se veña ver conmigo,
Tanto é o que me debe,
Que non me paga contigo.
* * * * *
Aloméame, aloméa
Estrelliña, da fertura,
Aloméame, aloméa
Mentras que non ven a lua.
* * * * *
Non chas quero, non chas quero
Navizas do teu naval;
Non chas quero, non chas quero,
Que me poden facer mal.
Catro aves escollidas
Son as que pasan o mar,
O cuco e a golondrina,
A rula e o paspallás.
* * * * *
A muller que ha de ser miña
Ha de ter o cu de pau,
A barriga de cortizo
E o nariz de bacaláo.
* * * * *
A miña muller é bella,
Heille de sacar o coiro,
Para facer un pandeiro
Para correr o antroido.
* * * * *
Amoriño non desprecies
O probe pol o non ter,
Que o rico pode faltar,
E o probe non te querer.
* * * * *
Teño unha vaca á ganancia
Que me deu o vinculeiro,
Mais sobre todo, rapaza,
Teñoche moito diñeiro.
Achegate, dalle un bico
En señal de casamento;
Achegate que é ben rico
Non no deixes descontento.
* * * * *
Baila quedo, baila quedo,
Non me raches o mantelo,
Coidaches que era de pana
E echo de terciopelo.
* * * * *
Mellor quero ser pereira
E dar peras e reperas,
Do que ser a dama d'un xastre
Que non ten sinon gadellas.
* * * * *
Catro cartos para pan,
Tres e medio para viño,
Un carto para tabaco
Alá bai un realiño.
* * * * *
O primeiro amor que eu teña
Hade ser d'un militar;
Que anque non teña diñeiro
Ten un polidiño andar.
Alá arriba non sei donde
Dicen hay non sei que santo, etc.
* * * * *
Indo eu non sei por donde
Encontrei non sei con quen,
Na porta do xame esquence,
Non llo digas á nínguen.
* * * * *
Vinde ver o dote
Que me dou meu sogro,
Unha cabra cega
E un carnero tolo.
* * * * *
Rapaciños de Castilla
Tratade ben os gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando ven, ven como negros.
_Galicia_, IV, 109.
* * * * *
Tocan o tambor na guerra,
Tócano mui avivado;
¡Ai probiña da miniña
Que ten o amor soldado.
Vexo Vigo, vexo Cangas,
Tamen vexo a Redondela;
Vexo a ponte de San Payo,
Camiño da miña terra.
* * * * *
Non hay cantiga no mundo,
Que non teña seu refran,
Nunca ningueu faga conta
Senon do que ten na man[67].
* * * * *
As de cantar
Que ch'ei de dar zonchos;
As de cantar
Que ch'ei de dar moitos.
O meu corazon che mando,
C'unha chave par'o abrir,
Nin eu teño mais que darche,
Nin ti mais que me pedir.
Cantan os galos pr'o dia,
Érgue-te, meu ben, e vaite.
--Como m'ei d'ir, queridiña,
Como m'ei d'ir e deixarte?
Nosa Señora da Barca
Ten o tellado de pedra;
Ben o pudera ter d'ouro,
Miña Virxe, si quixera.
Con esta miña gaitiña
As nenas ei d'enganar,
Non sean elas toliñas,
Non veñan ô meu tocar.
Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos,
Non sei cando nos veremos.
Eu ben vin estar o moucho
Enriba d'aquel penedo:
Non che teño medo, moucho,
Moucho, non che teño medo!
Anque ché son da montaña,
Anque ché son montañesa,
Anque ché son, non me pesa.
Si ó mar tibera barandas
Forate ver á o Brasil;
Mais ó mar ten barandas,
Amor meu, por dond'ei d'ir?
Hora, meu meniño, hora,
Quen vos ha de dar á teta?
Si tua nay vay no muhiño,
E teu pai na leña seca?
Mais ó que ben quixo un dia,
Si a querer ten aficion,
Sempre lle queda unha magoa
Dentro do seu coraçon.
Á rula que viudou
Xurou de non ser casada,
Nin pousar en ramo verde,
Nin beber d'augua crara.
Ahi tés ó meu coraçon
Si ó queres matar ben podes,
Pero como estás ti dentro,
Tamen sí ti ó matas, mórres.
Como chove mihudiño
Como mihudiño chove;
Póla banda de Laiño,
Póla banda de Lestrobe.
Miña santa Margarida,
Miña Margarida santa,
Tendes a casa no monte,
Donde ó paxariño canta.
Ap. _Cantares gallegos_.
* * * * *
Non quero zapatos curtos
Porque s'enterran n'aréa,
Non quero amores d'afóra
Porque xa os teño na aldeã.