(Paroquia de Sola)
Amiguiñas de Miguel
Todas cargadas de mel,
E de mel e de maduro,
Ribirese don Gregorio del Mulo.
--¿Que hai n'aquel tellado?
«Un gato desfolado.
--¿Qué hai n'aquella artesa?
«Unha vella tesa.
--¿Qué hai n'aquela horta?
«Unha vella morta.
--¿Qué hai n'aquel buratiño?
«Unha campanilla.
--¿E como fai?
Tilin, tilin, tilin, tilin[65].
* * * * *
--Meu compadre veu?
«Veu.
--E que me trouxo?
«Un cordonsiño
--De que color?
«De verde limon.
Sopitaipon, de verde limon,
Sopitaipon.
* * * * *
Miña Santiña,
Miña Santasa,
Miña cariña
De calabasa.
--Que está na rua?
«Uma espada nua.
--Que está detraz da porta?
«Uma velha morta,
--Que está n'aquelle ninho?
«Um passarinho.
--Que está n'aquelle telhado?
«Um gato pingado.
--Vamos inchotal-o?
Sápe! sápe, sápe, sápe!
Ei de emprestarbos
Os meus pendentes,
Ei d'emprestarbos
O meu collar:
Ei d'emprestarcho
Cara bonita
Si me deprendes
A pentear.
Ap. _Cantares Gallegos_.
Fun ó muhiño,
D'o meu compadre,
Fun po-lo vento,
Vin pó-lo aire.
Isca d'ahi,
Galiña maldita,
Isca d'ahi
Nô me mate-la pinta.
Isca d'ahi
Galiña ladrona,
Isca d'ahi
Pra câs de tua dona.
_Ibid._