Vou a dar unha voltiña
Da sala para a cociña,
Que me pareu a muller,
Voulle asar unha sardinha.
Miña nai aqui ll'estou
Desde o dia en que chegamos,
Que sin non me lle esquenceu,
Non lle estou atribucado,
Foille un dia da semana,
Do mes do presente ano.
Ja lle dixen que no mar
Déronnos queijo por rancho,
Agua moura por almorzo
Cando vimolos gabachos.
Eu gomitei como un cocho,
Non atravesei bocado,
Inda que estribaba os pés
Não estaba quedo o barco.
Chegamos a Santander,
E de cote nos cebaron
Con arroz e pan desfeito
Por que estabamos muy flacos.
Cando gordos estivemos
De Santander nos botaron
Nun barco que era mui mouro,
Era mui mouro aquel barco;
Eralle un barco sin velas,
E de cote fumegando;
Tiña un forno con caldeiras
Mais grandes que sete armarios,
E unhos ferros daban volta
Que iban zumbaleando,
E por arte de virloque
Ibamos todos andando.
Diz que con agua fervendo
Amáñan-se estes milagros:
Miña nai, faga a esperencia
Do que seria este barco
Que eu por min teño dementres
Que hade ser cousa d'encanto,
Que seriam navoyeiros
Aqueles homes tiznados.
Déalle moitas memorias
A Mingucho de Carballo,
Á miña prima Marica
Que me coide aquel boi branco,
E que me garde tamen
Por Dios e todolos santos
Unha sardiñina femia,
Porque acá todos son machos.
_La Galicia_, 89.
* * * * *