(Puente de Domingo Florez)
Eu jungin os meus boisiños
E leveinos á arada,
E no medio do carniño,
Acordóuseme a aguillada.
Tornei e volvin por ela
Topei a porta fechada.
--Abreme a porta, muller,
Ábreme a porta, malvada.
«Eu a porta non cha abro
Que estou facendo a colada.
Rompin a porta pra dentro
Fun por donde acostumaba,
Subin pol-a escaleira
Para coller a aguillada,
Vin estar un gato roxo
Debaixo da miña cama.
--Que é aquelo, muller,
¿Que é aquelo, malvada?
«É o gato do convento
Que anda tras da nossa gata.
Unha machado collin,
Fun a ver se o mataba.
«Qué fas, meu home, qué fas?
Que a min me bates a cara?»
_La Galicia_, t. IV, 126.
* * * * *