A MORTE DE XESUS

(Tuy)

Juebes santo, juebes santo,

Tres dias antes de Pascoa,

Quando o Redemptor do mundo

Por seus disciplos xamaba;

Xamaba por un e un,

Dous e dous se lle xuntaba.

Despois que os tiña xuntos,

D'esta maneira fallaba:

«Qual de vós, disciplos mios,

Quer morir por mi mañana?»

Miran uños para otros,

Niun lle voltou palabra,

Senon San Xuan Bautista,

Padricador da montaña.

A roda da meia noite

Xesus Christo camiñaba;

Levaba unha cruz a cuestas

De madeira mui pesada;

C'unha corda á garganta

D'onde os xudeus puxaban:

Cada puxon que lle daban

Xesus Christo arrodillaba.

Xegou ao Monte Calvario,

Tres Marias a xorar:

Unha era Madalena,

Otra era sua irmana,

Otra era virxen pura,

Que mais passion lle daba;

Unha limpaball'os pés,

Otra limpaball'a cara,

Otra recogia o sangre

Que Xesus Christo derrama.

O sangre que lle caía

Caía en cal sagrado;

O home que o bebese

Será ben aventurado:

N'este mundo será rei

No otro santo coronado.

Quen esta oracion disera

Todos os vernes do anno,

Gañaba un canto no cielo.

Quen a sabe non a di,

Quen a oye no a deprende,

Dia do noso xuizo

Berás que conto nos ten.

Ap. _Romania_, t. VI, p. 260.

Parnaso portuguez moderno · 第 196 / 267 题